Luns, 19 abril 2021

Acceso Restrinxido Engadir a favoritos
Actividades das Asociacións e Concello - Actividades do Concello
Teatro hoxe venres día 13 na Casa da Cultura
TEMPO PARA O TEATRO. O ATURUXO DE MELPÓMENE presenta DESENCAIXADOS. ESPERPÉNTICA CRISE. Venres 13 de novembro ás 20.30 na Casa da Cultura. Recomendada para maiores de 14 anos Billeteira a partir do mércores en horario de 10 a 13 e de 17 a 20,.Prezo 2 € Desencaixados é un espectáculo traxicómico que reflexiona sobre a crise”, Trátase dunha creación colectiva que desde o teatro físico quere dar “un aire diferente” ás montaxes que fixeran ata o de agora. Pablo Sánchez dirixe coa axuda de Chus Prieto a un elenco do que forman parte María Veiga, Iván González, Juanín Ares, Óscar Manso, Tere Rúa e Agustín Bolaños. Empregan para a posta en escea materiais “pobres” como o cartón, o papel ou o trapo e tamén o vestiario sofre de carencias para axudar a conformar un esperpento que sexa o espello deformante da realidade.
Faga clic no icono para inicia-la descarga  Faga clic no icono para inicia-la descarga
Enviar:
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada

PSdeG-PSOE, Avda. de Algeciras, 93. Entres. 15510 Neda (A Coruña)
E-mail: neda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla